Para aqueles alumnos que opten pola avaliación continua: - Exame final: 60% - Tres probas puntuables: 40% (10% a primeira, 15% cada unha das outras) (aproximadamente nas semanas 5, 9, e 14). Os resultados daranse a coñecer nun tempo razoable desde a súa realización. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores non teñen obrigación de repetilas. En cada proba puntuable avaliaranse conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata a semana anterior á súa realización, inclusive. Para aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua: - Exame final: 100% Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a unha calquera das probas (xa sexan probas puntuables ou exame final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a unha calquera das probas puntuables. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final. Os alumnos que así optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de suspenso, independentemente de que se presenten ao exame final ou non. A nota dos puntuables consérvase para a convocatoria de Xullo, pero non para cursos posteriores. No exame da convocatoria de Xullo os alumnos que optasen pola avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas puntuables ou ser avaliados no exame final sobre o 100% da nota total. |