A continuación móstrase a planificación da materia por temas indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes:
| Teoría | Laboratorio | Probas Teoría | Probas Laboratorio | Semana 1 | Tema 1 |
|
|
| Semana 2 | Tema 2 | Práctica 1 |
|
| Semana 3 | Tema 2 / Tema 3 | Prácticas 1 y 2
|
| Entrega Práctica 1 (EP1) | Semana 4 | Tema 3 | Práctica 2 |
|
| Semana 5 | Tema 3 | Prácticas 2 y 3
|
| Entrega Práctica 2 (EP2) | Semana 6 | Tema 4 | Práctica 3 | Proba Test (CW) |
| Semana 7 | Tema 4 | Práctica 3 y PL1 |
| Entrega Práctica 3 (EP3) y Puntuable Prácticas (PL1) | Semana 8 | Tema 4 | Proxecto
| Proba Aula 1 (PA1) |
| Semana 9 | Tema 5 | Proxecto |
|
| Semana 10 | Tema 6 | Proxecto |
|
| Semana 11 | Tema 6 | Proxecto |
|
| Semana 12 | Tema 7 | Proxecto | Proba Aula 2 (PA2) |
| Semana 13 | Tema 7 | PL2 |
| Puntuable Proxecto (PL2) | Semana 14 | Tema 7 | Proxecto |
|
| Período de exames |
|
| Proba final sobre todos os contidos da materia (PFT) | Proba final do proxecto (PR) |
----------------------- Seguindo as directrices propias da titulación ofrécese aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Enténdese que o alumno segue a avaliación continua se non opta, de forma explícita, pola avaliación ao final do cuadrimestre. A decisión de optar por avaliación ao final do cuadrimestre poderá ser tomada como moi tarde na semana na que se realiza no laboratorio a proba "Puntuable de prácticas (PL1)". Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua haberá que obter polo menos unha nota final igual ou superior a 5. A nota final (que se calculará como a media harmónica entre a suma das probas prácticas e a suma das probas teóricas) virá dada pola seguinte expresión: NF= (2*NP* NT)/ (NP+ NT) NP (Max. 100%) = EP (Max. 20 %) + PL1 (Max. 20 %) + PL2 (Max. 20%) + PR (Max. 40 %), si (PL2 + PR) ≥ 30% (máximo de PL2+PR = 60%), en otro caso NP=0. NT (Max. 100%) = CW (Max. 5 %) + PA1 (Max. 15 %) + PA2 (Max. 20 %) + PFT (Max. 60%) Nótese, que a aplicación da media armónica implica que para aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima en cada unha das partes (NP e NT). A nota mínima varía entre 3.3 e 5, dependendo do que se obteña na outra parte. É dicir, o necesario, en cada caso, para conseguir unha nota final igual ou superior a 5. A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. A avaliación ao final do cuadrimestre consistirá na entrega dun proxecto e na realización de exercicios de programación tanto en papel como co computador. A cualificación será de non presentado nos seguintes casos:
- En caso de non optar pola avaliación ao final do cuadrimestre só se non presenta ningunha entrega despois da proba práctica PL1.
- En caso de se optar pola avaliación ao final do cuadrimestre só se non realiza as probas indicadas.
----------------------- Nas convocatorias extraordinarias exporanse dous tipos de avaliación:
- A primeira para aqueles alumnos que seguisen a avaliación continua durante o curso. Neste caso a avaliación consistirá na realización da proba final (parte teórica) e/ou da entrega dunha ampliación do programa proxecto e da realización dun exercicio no laboratorio (parte práctica). As dúas probas anteriores terán que facerse ambas ou só una delas nas seguintes circunstancias:
- a proba final correspondente á parte teórica se na convocatoria ordinaria non superou a mesma (NT menor que 50%);
- a entrega da ampliación do programa proxecto e o exercicio de laboratorio correspondente á parte práctica se na convocatoria ordinaria non se superou a mesma (NP menor que 50%);
- ambas as se se cumpren as dous anteriores ou o alumno así o desexa.
- A segunda para aqueles alumnos que non seguisen a avaliación continua, ou que a seguiron pero queren abandonala. Esta avaliación consistirá na entrega dun proxecto e a realización dun exame final con exercicios de prácticos tanto en papel como co computador.
O alumno que poida optar de forma voluntaria por unha ou outra opción, poderá facelo ata o momento de entrega ou realización das probas correspondentes. ----------------------- A nota obtida na avaliación continua non se garda dun curso para o seguinte. ----------------------- En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. No caso de que o plaxio se detecte nalgún dos traballos/probas de avaliación continua non se permitirá que o alumno siga este procedemento de avaliación. |