A materia divídese en dúas partes: Teoría e Práctica. A nota final da materia (NF) é a media harmónica (MH) das dúas partes, NT (Nota Teoría) e NP (Nota Práctica). E dicir: NF = MH(NT,NP) = 2*NT*NP/(NT+NP) Se os dous factores (NT e NP neste caso) son cero, a media harmónica será cero (0). Para aprobar a materia, NF deberá ser maior ou igual a 5. Cada parte da materia poderase avaliar de forma continua (AC) ou por exame final (EF). O EF realizarase nas horas fixadas oficialmente e constará de dúas partes: Teoría e Práctica. A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, e dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten a obriga de repetilas. Se unha das partes (Teoría ou Práctica) se aproba na convocatoria de Decembro, conservarase a nota para a convocatoria de Xulio, na que o alumno só se deberá examinar da outra parte. Se o alumno fixo AC, na parte que queda pendente, consérvanselle as notas obtidas. A puntuación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. TEORÍA A parte de Teoría divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente o 66% do temario e T2 o 100% do temario. A nota de Teoría é a media harmónica da nota desta dúas partes, é dicir: NT =MH(T1, T2) = 2*T1*T2 / (T1+T2) * AVALIACIÓN CONTINUA (AC) Na AC de Teoría a parte T1 constará de dous exercicios (AC1 e AC2) e a parte T2 dun exercicio, a realizar aproximadamente na 5ª semana, 10ª semana e no Exame Final (é dicir, o terceiro exercicio é parte do Exame Final). O temario é aproximadamente do 33% do total para o primeiro exercicio (AC1), do 66% para o segundo (AC2) e do 100% para o terceiro (T2). A nota da primeira parte é T1 = 0.35*AC1 + 0.65*AC2 Se se fixo AC pero o alumno suspendeu a materia, gardaranse para Xulio as notas T1 e T2. * EXAME FINAL DE CUATRIMESTRE Todo alumno, seguise ou non a AC, pode presentarse ó Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descarta os resultados obtidos nela e presentarse ó exame final. En tal caso, a nota válida será a de EF, anulando a nota que se tivese obtido anteriormente na AC. Este constará de dous exercicios T1 e T2 a realizar en 90 minutos. Os alumnos que non realizasen AC terán que presentarse a todo o exame FINAL (T1 e T2). * RECUPERACIÓN EN XULIO O Exame Final de teoría ten a mesma estrutura que o Final de Cuatrimestre e realizarase en 90 minutos. Se o alumno non realizou AC, terá que presentarse tanto a T1 coma a T2, independentemente das notas obtidas no Final de Cuatrimestre en cada proba. Se realizou AC, o alumno pode presentarse a T1 e/ou T2, anulando a nota que tivese obtido anteriormente. PRÁCTICA * AVALIACION CONTINUA. A parte de Práctica en AC consta de 3 exercicios: P1, P2 e P3. P1 tratará de SIMPLEZ, P2 de ALGORITMEZ Básico (sobre o 60% do temario) e P3 sobre ALGORITMEZ Completo (100% do temario). Os exercicios realizaranse no laboratorio e durarán aproximadamente 1 hora. P1 será sobre a 4ª semana, P2 sobre a 8ª e P3 na última semana. A nota de AC de Práctica é a media ponderada destas tres partes NP =0,20*P1+0,35*P2+0,45*P3 * EXAME FINAL DE CUATRIMESTRE Todo alumno, haxa ou non seguido a AC, pode presentarse ao Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descartar os resultados obtidos nela e presentarse ao Exame Final. En tal caso, a nota válida será a do EF, anulando as notas que tivese obtido anteriormente na AC. O EF de Práctica consistirá nun exercicio sobre ALGORITMEZ a realizar no laboratorio en 1 h (aproximadamente). A Nota de Práctica neste caso é a nota do EF. * RECUPERACIÓN EN XULLO A convocatoria de xullo consistirá nun exame similar ao Exame Final de Cuatrimestre. CUESTIÓNS XERAIS ACTAS.- Para que a AC sexa considerada en Actas, o alumno deberá presentarse ao exercicio P1 en Prácticas, ou ao AC1 en Teoría. Todo alumno que seguindo a AC non se presente a algunha desas probas (P1 ou AC1): - Non contará a súa nota en actas e para todos os efectos será tratado como aqueles que se presenten por primeira vez, sen cursala anteriormente. - Non poderá presentarse ao resto de exercicios de AC, xa que non lle serán tidos en conta. NOTAS: Antes da realización ou entrega dun exercicio, ou da realización dun exame, indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
|