A nota obtida polo alumno nas distintas actividades, a excepción da proba final, terá vixencia para as convocatorias ás que da dereito a matrícula de cada curso académico. As actividades de avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións establecidas; ademais poderanse facer exames de avaliación continua o longo do semestre, debiendo cada
alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das
mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado por el
profesor/a. As datas fixadas para a proba final desta materia para o curso 2014-2015 polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e publicadas o 19 de xuño de 2014, son o 6 de outubro na convocatoria de fin de carreira, o 14 de xaneiro na convocatoria ordinaria do primeiro cuadrimestre, o 14 de xullo na convocatoria de xullo. O calendario de exames pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade, por se hai cambios. DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a. 2. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase. 3. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. 4. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas. 5. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora. 6. O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento. 7. Tódolos exames deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula. 8. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a. No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente. |