Dado que na actualidade vivimos nun mundo cambiante entreverado de fenómenos cada vez máis complexos e impreceptibles para a sensibilidade normal, un mundo que se define pola aceleración con que se suceden os acontecementos que xeran unha gran cantidade de información e as transformacións tecnolóxicas que se operaron nestes últimos anos, o que xustifica esta materia é unha formación sólida na procura, selección, análise e verificación das fontes e recursos documentais fundamentais para a súa planificación e desenvolvemento da investigación. O obxectivo é que o profesional saiba o que se fai ou o que se prepara na súa propia especialidade. Trátase de engadir a uns coñecementos de base, toda nova información que poida aumentar a súa competencia e o nivel deses coñecementos. Á súa vez, seguir a evolución dos procedementos, técnicas, nuns dominios susceptibles de influír ou modificar os seus métodos de traballo, así como seguir as tendencias e as evolucións posibles.Os coñecementos e competencias académico - profesionais que se poidan adquirir terán un papel relevante na súa capacitación como investigador con independencia do ámbito e perfil profesional no que desenvolva o seu labor no futuro.
Introducción á Investigación Científica e Métodos de Investigación nas Ciencias Humanas e Sociais é unha materia obrigatoria que consta de 3 créditos ECTS. Desenvólvese no primeiro cuadrimestre. Proponse un dobre obxectivo: por unha banda, determinar o papel da documentación no contexto da investigación e, por outro, achegar unha relación de fontes documentais esenciais actualmente para levar a cabo investigacións.