Parte I: "A mediación na tradución"
A finalidade desta parte da materia é presentar as nocións básicas que configuran a traducción como una actividade especial dentro da mediación, cunhas características diferenciadas e cuns medios de análise e contidos propios.
Parte II: "Bilingüismo e autotradución"
Proponse aquí un achegamento á especifidade que presenta o fenómeno da autotradución literaria. Centrarémonos na análise específica das versións castelás de autores galegos observando a incidencia que a situación de contacto de linguas en contexto diglósico ten no proceso de mediación.