O Traballo Fin de Máster será avaliado por un tribunal académico composto por tres profesores doutores especialistas no tema de investigación do traballo presentado. Valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos do traballo: - Adecuación formal e correción na expresión. - Calidade dos contidos do traballo. - Adecuación da metodoloxía empregada e orixinlidade e actualidade da investigación. Tanto na defensa como na cualificación do TFM seguirase a normativa aprobada a tal efecto polas Universidades participantes no título. |