Durante a realización das actividades o alumnado debe reflexionar sobre o seu proceso de aprendizaxe e solicitar axuda ben mediante o foro ou ben por medio de preguntas individuais ou titorías antes da presentación das súas evidencias. Un índice de traballo satisfactorio uniforme e gradual é necesario para superar a asignatura.
O alumnado deberá consultar a plataforma de teledocencia Tema (www.faitic.uvigo.es) con asiduidade para acceder aos materiais e aos avisos que o profesorado colgue e para facer as actividades virtuais que se encomenden. |