Traballos tutelados |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención persoalizada tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a realización de calquera actividade, incluíndo as virtuais.
Nas clases presenciais a atención será en grupo completo, dividido ou individual segundo o requira a actividade en curso.
As dúbidas que xurdan fóra da aula serán atendidas ben en modalidade presencial no despacho do profesorado durante o horario de titorías, ou en modalidade virtual a través das ferramentas que ofrece a plataforma Tema de teledocencia e o correo electrónico.
Nas titorías de preparación e redacción do traballo, a atención será persoal ben a través de internet ou no despacho.
En todo caso a atención persoalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento da materia e co proceso de aprendizaxe, proporcionándolle orientación, apoio e motivación. |
|