Código |
Descripción |
A25 |
Coñecemento de perspectivas transculturais en lingua inglesa. |
B2 |
Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses. |
B4 |
Capacidade para elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, artigos científicos e formular hipóteses razoables. |
B5 |
Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral. |
B6 |
Habilidades para ser capaz de construír e utilizar ferramentas operativas que recollan información significativa e precisa para a mellora das aprendizaxes nos Estudos Ingleses. |
B9 |
Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias. |
B10 |
Apreciación da diversidade e multiculturalidade no contexto dos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses. |