Tradución de paratextos [5%]:
Exercicio de tradución dun texto promocional dun videoxogo.
Revisión de guións [15%]:
Exercicio de revisión lingüística do guión dun videoxogo. Restricións por sincronía.
Tradución de manuais [10%]:
Exercicio de tradución, con especial fincapé no uso de terminoloxía específica de plataforma.
Tradución de ingame [15%]:
Exercicio de tradución, con especial fincapé no manexo de etiquetas e variables. Redacción de consultas ao cliente.
45
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Práctica de localización [35%]:
Reprodución do proceso de localización dun videoxogo.
Práctica de depuración [20%]:
Detección e tipificación de erros de localización dun videoxogo.
55
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na segunda oportunidade de avaliación, pediráselles aos alumnos que realicen e entreguen todas as actividades propostas para o curso e avaliaranse conforme aos criterios de avaliación expostos.
A data límite de entrega para os traballos nas respectivas convocatorias facilitarase co calendario do programa de máster.