A materia, que se integra na formación básica do grao, pretende axudar a coñecer e saber explicar os contidos e conceptos fundamentais relacionados cos contactos históricos e culturais de España, Portugal e Galicia desde a Idade Media ata os nosos días, especialmente aqueles relacionadas coa proxección exterior tanto a vinculada coa formación e descomposición dos imperios, como a derivada dos fenómenos migratorios.