Resolución de problemas e/ou exercicios |
A avaliación terá en conta a calidade das respostas aos exercícios e problemas propostos |
20 |
Traballos tutelados |
Calidade formal do traballo escrito, orixinalidade e capacidade argumentativa. Valorarase especialmente as reflexións persoais |
35 |
Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. Avaliación continua É a recomendada para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é moi recomendable a asistencia a un mínimo do 80% das horas presenciais. No caso do alumnado semipresencial debe asistir á sesión de presentación, a dúas titorías e as probas escritas previstas. No resto, debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A materia de exame (probas de resposta curta que se realizará na derradeira semana de clase) inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos. Aquelas persoas que na primeira convocatoria non superen a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial. Avaliación única O alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final único que se realizará na derradeira semana de clase. En caso de non superar ese exame terá unha segunda oportunidade da convocatoria de xullo na data establecida oficialmente pola Facultade. |