Presentacións/exposicións |
Valorarase a presentación canto a contidos e actitude (ton, expresión corporal, seguridade, preparación etc.). A exposición pódese apoiar nun pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou
OpenOffice Impress_máximo 10 diapositivas), pero en ningún caso a presentación oral pode consistir na mera lectura dese material. |
20 |
En caso de non superar a materia na primeira edición das actas, o tribunal avaliador facilitaralle ao discente un informe coas recomendacións oportunas para mellorar o traballo e a súa posterior avaliación nas seguintes edicións. Será motivo de suspenso o plaxio (incluída a cita literal presentada como propia, sen comiñas nin referencia de autoría, ou calquera apropiación de ideas ou metodoloxía dun autor/a que non se mencione nas referencias, calquera que sexa a súa procedencia (traballo individual ou colectivo, de publicación impreso ou de documento electrónica de uso restrinxido, páxina web ou traballo dalgún compañeiro/a, etc.). Para a avaliación seguirase o disposto no Regulamento do Traballo de Fin de Grao da Facultade de Filoloxía e Tradución aprobado en Xunta de Facultade o día 9 de maio de 2012. |