O obxectivo principal desta materia é que o alumnado desenvolva a capacidade de traducir profesionalmente textos científicos e técnicos de diversos xéneros textuais, ámbitos e graos de especialización. Fomentarase, para iso, o coñecemento das estratexias e ferramentas necesarias para detectar, analizar e resolver problemas tradutolóxicos presentes en textos científico-técnicos.