Esta materia ten por obxectivo principal formar os estudantes na práctica da tradución directa inglés - español nos eidos económico e institucional, cos obxectivos secundarios de orientalos de cara á comprensión dos textos destes eidos, de dotalos duns coñecementos básicos sobre economía e xestión, de proporcionarlles unha certa perspectiva das condicións do mundo da tradución profesional e de fomentar o espírito crítico de cara á actividade da tradución.