PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, presentarase ao exame de avaliación única ao final do cuadrimestre, que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia. A data do exame (tanto a proba de resposta curta como o exame de avaliación única) será acordada entre alumnado e profesoras da materia e publicarase con tempo suficiente na plataforma de docencia Faitic.
Ao alumnado que se acolla ao sistema de avaliación continua gardaránselle para a convocatoria de xullo as partes superadas. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Haberá un único exame na data fixada polo centro que abarcará todos
os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que
as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un
mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na
lingua termo da combinación da materia.
Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. |