O alumnado deberá informar ao docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria PARA A 2ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo) nas condicións que se especifican MÁIS ABAIXO A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) PARA NON ASISTENTES 1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos do curso:20% da nota (O DÍA 27-04-2015) 2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) o día 24 de abril de 2015 na AULA C10 dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática. 3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado non asistente o 24 de abril de 2015, é dicir o día da proba con tempo limitado. Deberá entregar a tradución segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota. B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) ASISTENTES E NON ASISTENTES. 1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos do curso:20% da nota 2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) o día INDICADO NA PÁXINA WEB DA FFT dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática. 3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado o día do exame oficial (Vid. WEB FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais:40% da nota. NOTAS: Será preciso aprobar cada unha das partes (mínimo 5/10) para poder facer a media. O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso. |