Ao estar enteiramente dedicada á direccionalidade inversa Español-Francés, o obxectivo primordial da materia titulada «Tradución Idioma 1, III Francés-Español» non é facer tradución inversa pedagóxica senón pedagoxía da tradución inversa; o fin primordial e último da materia non é ensinar francés aos falantes estudantes hispanofalantes da Universidade de Vigo senón ensinarlles a traducir, do español ao francés, textos que constituíron reais encargos de tradución inversa no mercado profesional español e galego da tradución.