O plaxio será motivo de suspenso. O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo). Especifícanse a continuación as condicións: A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS PARA NON ASISTENTES 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. 3.Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día da proba con tempo limitado (05-12-2014) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución en tempo limitado (2:00 h) dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática 3. Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e día da proba na aula en tempo limitado (páxina web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota. |