A materia concíbese como un espazo didáctico en que a/o alumna/o deberá alcanzar competencia na resolución de problemas de dificultade media de tradución de textos xerados en contextos xerais de dificultade media na combinación lingüística inglés > español (tradución 100% directa), sensibilizarse cos aspectos culturais dalgunha das comunidades de falantes da lingua estranxeira e desenvolver as súas habilidades e competencias profesionais na tradución de textos xerais de dificultade media redactados en inglés. Enténdese que o alumno está familiarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución, da tradución do inglés ao español (adquiridos a partir da materia “Tradución Idioma II, 1 inglés-español”) e que posúe coñecementos razoables das linguas de traballo. Dado que o inglés é a súa segunda lingua estranxeira, suponse que a súa competencia cultural no contexto das comunidades angloparlantes está nun nivel baixo-medio.