Presentacións/exposicións |
Avaliarase tanto a pertinencia e o nivel de afondamento dos contidos en relación coas fontes de documentación e bibliográficas, como a corrección lingüística da presentación escrita e oral dos traballos que podrán versar sobre contidos literarios ou sociais. |
20 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realizarase unha proba oral sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais e/ou exposicións. |
30 |
O alumnado deberá informar o profesorado na primeira semana de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua por escrito. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais. En caso de superar todas as tarefas, así como as probas unha escrita (2 de marzo de 2015) e outra oral (29 de abril de 2015), considerarase que o alumnado aprobou a materia. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria oficial de xullo. O alumnado que non se acolle á avaliación continua haberá un exame único que constará de dúas probas: unha escrita e outra oral (29 de abril de 2015). O sistema de avaliación única (non presencial) consistirá nun exame escrito e oral sobre os contidos impartidos no temario no apartado CONTIDOS da guía docente. Do mesmo modo, o alumnado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá elaborar un traballo redactado en francés sobre algún dos temas incluídos no temario despois da sesión escrita. Penalizarase a copia ou o plaxio. A profesora Ana Luna Alonso impartirá e evaluará a maior parte da docencia (38 horas presenciales). O profesor José Yuste Frías (10 horas presenciales) impartirá e evaluará todo o bloque II e o punto 4.1. dos contidos da materia. |