Esta materia ten como destinatarios a aqueles estudantes que teñen como primeira lingua estranxeira o francés. É a primeira dun conxunto de 3 materias con estas combinacións e nela iniciarase ao alumnado na tradución de textos xerais do inglés para o español, facendo fincapé nos aspectos lingüístico-contrastivos e culturais subxacentes ás dúas linguas obxecto de estudo.
Os textos que se traballarán pertencen a distintas tipoloxías (artigos de xornal, fragmentos de guións de películas, cancións, literatura...) sen grandes problemas terminolóxicos e sen entrar en campos de especialización. Pode tratarse de textos reais ou de tarefas creadas ad hoc para estudar determinados puntos de interese.