Nesta materia, trátase de atinxir un nivel de mestría na lingua francesa, polo que se practicará con exercicios de reformulación na escrita e na fala: resumir, síntese de documentos escritos e orais, introducción á intratradución ou paráfrase. O obxectivo é que o alumno aprenda a interrelacionar forma e sentido e capte os detalles e os matices do texto orixinal. Concederase importancia á lingua na súa variedade: acentos rexionais ou da francofonía así coma as súas especifidades léxicas.
Praticarase con documentos variados, tipos de discurso, de fontes, rexistro e opinión para que o alumno teña una visión máis ampla e poida confrontalla coa súa, apropiándose de paso os diferentes medios de expresión e ter unha reflexión sobre a sociedade de hoxe.