Pártese dun nivel avanzado alto/Cambridge Advanced (MCER C1) e preténdese conseguir o nivel superior/ Cambridge Proficiency (MCER C2). O curso ten unha orientación práctica, enfocándose en tarefas de lectura e audición baseadas en textos reais e profesionais, así como traballos escritos e presentacións orais. Os coñecementos lingüísticos refórzanse coa lectura de textos de índole diversa.