A materia pretende a consecución e consolidación das destrezas comunicativas e lingüísticas en grao de usuario competente. O obxectivo conxunto de Idioma 2, I: Inglés e Idioma 2, II: Inglés é o de acadar competencias orais e escritas, pasivas e tamén activas propias do nivel B2+ - C1 (Marco Europeo de Referencia). O curso terá unha orientación práctica.