Introdución xeral á ampla gama de variedades do inglés existentes na actualidade e ós métodos empregados no seu estudo. Descrición dos trazos formais máis subliñables das variedades xeográficas máis estendidas do inglés e das pautas de variación máis significativas relacionadas con características dos falantes (estatuto social, idade, sexo etc) e da situación comunicativa (nivel de formalidade, tipo de texto). Tamén se ofrece unha revisión selectiva das achegas máis destacables da sociolingüística á analise da variación e o cambio lingüístico.