Traballos de aula |
Exercicios e actividades de aplicación e síntese baseados nas actividades das clases prácticas. |
20 |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada unidade por medio de cuestionarios. |
20 |
O sistema de avaliación neste curso é o continuo. O alumnado deberá
asistir a un 80% das sesións presenciais como mínimo, participar nas
actividades de clase e presentar os traballos e exercicios conforme aos
prazos de entrega establecidos ao comezo do curso. O exame final de coñecementos básicos da Sesión maxistral realizarase nunha das sesións da derradeira semana do curso. As
alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas
terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo
aquelas partes da avaliación non aprobadas. Gardarase a nota das partes
restantes e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O
procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o
seguinte: - Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
- Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba escrita
con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e nivel de
coñecementos dos exercicios e actividades suxeitas a avaliación nas
sesións presenciais.
- Presentacións/exposicións. Un traballo suspenso terá que volver presentarse unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes
sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co
profesorado da materia.
- Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio
dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos
exercicios en liña durante o curso.
Aquelas persoas
matriculadas que non poidan asistir ás clases coa regularidade esixida
deberán comunicarllo ao profesorado ao comezo do curso e explicar as
razóns e non poderán facer avaliación continua. De todos os xeitos,
recoméndaselles que asistan ao maior número de sesións presenciais que
lles sexa posible. Para estas persoas que xustificadamente non poden
realizar a avaliación continua, existirá un modelo de avaliación única
por medio dun exame global e comprensivo que constará de tres partes. Este exame terá lugar en horario de aulas na derradeira semana do curso. - Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos
fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da
cualificación final).
- Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos
realizados na aula e na Tic no sistema de avaliación continua (50% da
cualificación final).
- Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un
resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha
primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos,
as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto
(10% da cualificación final).
As alumnas e alumnos que
suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das
actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en
xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das
partes aprobadas e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O
alumnado que non se presente á avaliación única en maio terá que facer o
exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na
segunda edición das actas. |