As/os estudantes deberán escoller a principio de curso entre dúas opcións:
un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a
un mínimo do 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha
asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o
antes posible. Para superar a avaliación continua é preciso aprobar tanto a exposición oral
e o traballo tutelado como as probas de resposta curta. A copia ou o plaxio en
calquera das probas serán penalizados cunha cualificación de suspenso (nota
numérica: 0). É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e o blog asociado
(http://estudoslusofonos.blogspot.com/). Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será
avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio),
cunha proba escrita teórico-práctica (teoría: 50%; práctica: 50%). De igual xeito que no caso da avaliación continua, para superar a avaliación
única é preciso aprobar tanto a parte teórica como a parte práctica.
Penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) tanto a copia como o plaxio
nalgunha das probas. Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas
(xullo). En calquera caso, para o alumnado en réxime de avaliación única é
recomendable tamén a asistencia ás aulas, a consulta nas titorías e o
seguimento regular dos espazos virtuais da materia (plataforma TEMA:
http://faitic.uvigo.es e blog asociado: http://estudoslusofonos.blogspot.com/). |