A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 70% das sesión presenciais
(sesións maxistrais, seminarios e sesións prácticas de resolución de exercicios). Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%). (2) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (15%). (3) Proba escrita final
(50%): Abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre, (4) Traballo e/ou presentación
(25%): Desenvolvemento oral e/ou escrito en grupos de estudantes (mínimo dous, máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo do curso. Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (3) e (4) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior. O alumnado que non supere a avaliación continua na
primeira edición de actas (maio) deberá presentarse á proba escrita en xullo, que contará o 100%. Se algún alumno/a non pode cumprir coa obrigatoriedade
de asistir ó 70% das sesións maxistrais, seminarios e de resolución de
exercicios, deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do
curso. Este alumnado
poderá realizar na primeira
edición de actas (maio) unha proba escrita que
terá lugar na última semana de clase e que suporá un 100% da nota. De non superar a
materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita en xullo, que suporá o 100% da cualificación. Recoméndase encarecidamente ó alumnado
asistir a
cantas sesión presenciais poida, mesmo que non acade o 70% requirido.
N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a calificación final será de suspenso. |