Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.
Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas.
O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que éste será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. |