Resultados previstos na materia |
Tipoloxía |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Coñecer e comprender as principais autoras/es e textos da literatura escrita en inglés das Illas Británicas, os aspectos máis destacados da súa historia, sociedade e cultura, distinguindo os principais movementos, épocas e tendencias |
|
A2
|
|
Analizar, interpretar e comentar as obras literarias seleccionadas, establecendo o marco no que se xeraron e analizando, a partir do texto, os trazos sociais, ideolóxicos, históricos e culturais das obras. |
|
A3 A4 A5
|
|
Visibilizar e pór en valor as achegas feitas polas mulleres á literatura escrita en inglés dos textos seleccionados. |
|
A4 A5 A11
|
|
Identificar o papel desempeñado polas expresións literarias nas relacións entre grupos dominantes e/ou dominados. |
|
A6 A8 A11
|
|
Coñecer e comprender os procesos relacionados coa creación de textos literarios en inglés de diversos xéneros e procedentes de diferentes tradicións. |
|
A3
|
|
Recoñecer no texto as convencións que operan no ámbito da comunicación literaria. O alumnado ha de identificar e interpretar os elementos propios dun texto literario (tema, acción, personaxes, punto de vista etc.) |
|
A3 A4 A5
|
|
Manexar a terminoloxía básica do inglés empregada no comentario de textos literarios en relación cos xéneros literarios, as figuras de dicción, os trazos estilísticos, os elementos narrativos, etc. |
|
A2 A3 A4 A5 A8
|
|
Coñecer as tendencias actuais da teoría e a crítica literaria, aplicando algúns dos enfoques críticos á análise de textos literarios en inglés. |
|
A2 A3 A4
|
|
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. |
|
A8 A9 A12
|
|
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países da primeira lingua estranxeira, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos. |
|
A7 A8 A10 A12
|
B3 B4
|