Traballos tutelados |
A profesora proporá no inicio do cuadrimestre a elaboración de un ou dous traballos sobre os temas estudados.
A avaliación destes traballos farase en conxunto cos traballos persoais. |
15 |
Probas de resposta curta |
Ó longo do cuadrimestre, o profesor fará probas curtas sobre os temas estudados para comprobar o rendemento do traballo desenvolto. |
20 |
Traballos e proxectos |
Estes traballos son complementarios dos tutelados e comparten a cualificación. |
15 |
Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única. A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%. A avaliación única para os discentes que así o elixan ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%). Na avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame na data oficial proposta pola facultade e entregar o traballo. |