Código |
Descrición |
A4 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario |
A8 |
Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo. |
A9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos. |
B2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |