Na materia que presentamos explicaremos e traballaremos as diferenzas entre as dúas linguas, galego e castelán, no nivel sintáctico e na morfoloxía mais insistiremos esencialmente no léxico e na fraseoloxía. Trataremos de evitar as interferencias producidas entre ambas as linguas semellantes e insistiremos nas diferenzas fundamentais.