Código |
Descrición |
A3 |
Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos |
A6 |
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
A8 |
Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo. |
B3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética. |