O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única. Asistencia para a avaliación continua: o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das horas teóricas coma das prácticas). Para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio. O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a materia, tanto en maio (na mesma data sinalada na descrición das probas, cfr. supra) coma en xullo (na data oficial fixada pola FFT), a través dun exame final escrito [50%] e mais dous traballos (seguindo as indicacións do docente) [50%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas. O plaxio ou a copia serán penalizados cun 0 na proba en que se cometan. Todas as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no horario de titorías. |