Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame ó final do cuadrimestre dos contidos da materia. |
60 |
O alumno poderá escoller entre avaliación única ou continua. A avaliación única consistirá nun exame de toda a materia ao final do cuadrimestre, na semana seguinte á do remate do curso. A este exame poden presentarse tanto os que opten pola avaliación única coma os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua. A avaliación única e a continua son excluíntes; esta última esixe unha presencialidade do 80%. Calquera estudante que suspenda a avaliación continua non se pode presentar á avaliación única e viceversa. Na convocatoria de xullo haberá un exame final de toda a materia e, nesta convocatoria, os alumnos de avaliación continua que non superaron a primeira convocatoria realizarán un exame na data que determine a facultade. |