A nota final establecerase en base á lectura e recoñecemento dos textos que forman parte do programa, así como do comentario e análise destes textos. As probas a realizar para tal fin poderán ser escritas e/ou oráis. Será preciso obter unha puntuación suficiente en cada un dos apartados mencionados (recoñecemento de textos, análise e comentario de textos) para establecer a nota media final. O alumnado que non participe no desenvolvemento diario da materia poderá presentarse a un exame final, ao que deberá concorrer cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria, e que estará dividido en tres partes: 1. Recoñecemento de textos. 20%. 2. Preguntas breves con resposta curta. 40%. 3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%. Será preciso obter unha nota de suficiente en todas e cada unha destas probas para establecer a nota media final. O alumnado que suspenda a avaliación continuada presentarase a un exame no mes de xullo, ao que deberá concorrer, igualmente, cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria (ou aqueles que non entregasen previamente durante o desenvolvemento normal do curso), no que será avaliado en base a: 1. Recoñecemento de textos. 20%. 2. Preguntas breves con resposta curta. 40%. 3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%. Será preciso obter unha nota de suficiente en todas e cada unha destas probas para establecer a nota media final. |