Código |
Descrición |
A3 |
Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos |
A6 |
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
A7 |
Participar en debates e actividades de grupo, e organizalos desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico con respecto ás posicións alleas e á tolerancia cara á diversidade social e cultural que se expresa nas linguas e literaturas en cuestión. |
A8 |
Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo. |
A9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos. |
A11 |
Mostrar sensibilidade cara ás achegas feitas polas mulleres á literatura e á cultura española, galega e portuguesa nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. Entender as funciones do canon, a súa formación e os seus axentes, e valorar as exclusións que xera, por exemplo, a exclusión dos textos de escritoras, particularmente nos diferentes ámbitos xeográficos e culturais das linguas galega e española. |
A12 |
Posuír unha conciencia crítica ante mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe |
B2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |