Traballos de aula |
O estudantado presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita… |
40 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
30 |
Esta materia consta de dúas partes ben diferenciadas: a primeira, do 19 de xaneiro ao 17 de marzo; a segunda, do 18 de marzo ao 8 de maio. En consecuencia, o alumnado que se incorpore a cualquera destas dúas partes máis tarde da segunda sesión perderá o dereito á avaliación continua. Para as persoas que opten pola avaliación continua (asistencia a clases e realización dos traballos pertinentes) haberá sendos exames nas seguintes datas: a) Primeira parte: martes 17 de marzo b) Segunda parte: mércores 6 de maio As persoas que non superen esta avaliación continua deberán presentarse ao examen de xullo na data que fixe a Facultade. Os exames, tanto os de cada parte da materia como o de xullo, constarán de probas prácticas e teóricas. As persoas que opten pola avaliación única terán que realizar un exame (teórico e práctico) nas mesmas datas antes consignadas para cada parte da materia. En todo caso, é IMPRESCINDIBLE que o alumnado que non asista regularmente a clase se poña en contacto coas profesoras ao inicio do cuadrimestre |