Estudo do desenvolvemento da Literatura Comparada desde o seu nacemento ata a actualidade. Adícase unha atención especial aos novos paradigmas asumidos polos comparatistas, fundamentalmente á formación do canon e á vinculación da Literatura Comparada con outras manifestacións artísticas, en particular co cine.
A parte práctica consistirá na aproximación interartística a diversas formas, temas e xéneros desde orientacións contemporáneas.