Presentacións/exposicións |
Valorarase a calidade da exposición, a corrección da linguaxe, e o pertinente dos argumentos. |
25 |
A materia está dividida en duas partes e será impartida por dous
profesores: Jesús González Maestro (temas 1º y 2º de Contidos) e
Carmen Becerra Suárez (temas 3º y 4º de Contidos). A calificación
final será o resultado da media das calificacións obtidas polo estudiante en cada unha das partes Séguese a avaliación continua, que esixe a asistencia como mínimo ao 80% das clases, e con participación nas actividades. Se non se pode cumprir esta condición, hai que advertilo ao profesor argumentándoo, e ao principio das clases. Ao final de cuadrimestre (1ª edición de actas) e na data marcada pola FFT realizarase unha proba á que poderán presentarse quen non puidesen seguir o curso de modo presencial ou quen
opten por presentarse só ao exame final (avaliación única). O exame consistirá en: dúas preguntas de resposta longa cuxos enunciados coincidan cos dos contidos do programa, ou ben se deixen reducir facilmente a eles; unha proba práctica de comentario de texto, no cal haberá que recoñecer algunha das estruturas ou contidos do programa. A proba de segunda convocatoria terá a mesma estrutura que a citada. Para os estudiantes que seguiron a avaliación continua terase en conta os resultados positivos alcanzados en maio. |