Traballos tutelados |
Os traballos tutelados son de dous tipos: por un lado o traballo lector do alumno, por outro a realización dun pequeno traballo de investigación de curso. O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas obrigatorias a través das listaxes de dúbidas, que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), así coma da marcha do seu traballo de investigación de curso, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas, das clases maxistrais e das clases prácticas, así como coas oportunas e periódicas consultas ó profesor. |
25 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Serán valoradas axeitadamente: 1) a preparación dos exercicios na casa previamente á súa resolución na clase, 2) as intervencións na clase para colaborar na súa discusión e resolución, e moi especialmente 3) a entrega por escrito (en tempo e forma) de todas as prácticas para resolver na casa e seren corrixidas polo profesor, e que con esa finalidade se distribúan (un total de entre 4 e 6 ó longo do curso). |
30 |
A avaliación é continua. Requírese un 80% de aistencia ás clases. En cada un dos ítems precedentes (ver apartado "Avaliación") requírese obter uns resultados positivos mínimos.
Os alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial, deberán comunicarllo ó profesor, por emilio, ou por calquera outro procedemento, ao comezo do cuadrimestre e non máis tarde do 15 de febreiro de 2015. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, vía electrónica.
O alumno que decida non seguir a avaliación continua ou, no seu caso, a semipresencial, ou que incumpra as condicións esixidas polas mesmas, examinarase do conxunto da materia ó final do cuadrimestre. A materia de exame inclúe todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos. A adopción desta modalidade deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas de impartición da materia. O exame final terá lugar o 20 de maio de 2015.
Aqueles que na primeira convocatoria non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial. |