Traballos tutelados |
Constan de A e B.
A) Realización (completa e nun nivel non superficial) das lecturas obrigatorias. Un ritmo lector sostido é fundamental nesta materia.
O control de lecturas levarase a cabo mediante 1. e 2.
1. A elaboración periódica de listaxes de dúbidas (e máis comentarios do lector), debidamente redactadas e razoadas, e para cada unha das lecturas (capítulos de libro e artigos). Estas dúbidas e comentarios enviaranse individualizadamente, semanal ou quincenalmente, por correo electrónico, ó profesor. Resolveranse en parte por resposta directa vía emilio, en parte nas 4 titorías mínimas obrigatorias que o alumno deberá realizar ó longo do curso.
2. Exame das lecturas (exame de teoría).
B) Orientación das prácticas para casa (entre 4 e 6 ó longo do curso), e máis orientación do pequeno traballo de investigación de curso.
|
Titoría en grupo |
As titorías son obrigatorias para os alumnos. Cada alumno deberá asistir un mínimo de 4 veces a titorías no despacho (en grupos dun máximo de tres persoas, ou, se o prefire, individualmente), e todas cantas veces el estime necesario. Nelas resolveranse unha parte das dúbidas das lecturas correspondentes a esa fase do curso, dúbidas que o alumno deberá enviar por emilio, debidamente redactadas e razoadas. Así mesmo, nas titorías consultarase calquera outra dúbida da materia: sobre as prácticas e as correcións das mesmas entregadas polo profesor; sobre as explicacións de clases; sobre o traballo de investigación de curso; sobre o propio sistema de traballo; sobre os exames escritos, etc. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario nas clases prácticas. Tamén haberá prácticas específicas para a súa resolución na casa e a súa entrega por escrito, que han ser devoltos corrixidos e cualificados polo profesor. |