Código |
Descrición |
A3 |
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. |
A4 |
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas. |
A12 |
Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación |
A16 |
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación. |
A40 |
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A42 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A43 |
Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade |
A44 |
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A45 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
B1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |