Prácticas de laboratorio |
O alumnado, individualmente e en pequeno grupo deseñará simulacións e desenvolvera actividades experimentais para a súa realización na aual-laboratorio e no contorno exterior próximo ao centro. |
20 |
- Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é un referente para unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
- Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula-laboratorio e na aula virtual do curso é preciso asistir ás sesión lectivas de aula e de aula-laboratorio nun 80% cupo do tempo presencial, cun aproveitamento axeitado.
- Os documentos dixitais multimedia, como arquivos, dos traballos e tarefas do curso serán
dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada
alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
curso na plataforma telemática, en formatos de código aberto ou de visores libres. - Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
- 1ª CONVOCATORIA:A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación contínua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) dos traballos de aula, das prácticas de laboratorio e das probas presenciais, realizadas ao longo do curso. En todo caso será necesario a cada unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos de: Traballos de aula, Prácticas de aula-laboratorio e Proba presencial individual.
- 2ª CONVOCATORIA: se gardarán todas as cualificacións parciais (notas) positivas dos traballos de aula e das prácticas de laboratorio, obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que poderadas segundo as porcentases anteditas (40% e 20%, respectivamente) serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará ao 40 % coa cualificación (nota) da proba escrita presencial desta convocatoria.
Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta 2ª convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
|