Traballos tutelados |
O profesor fará unha avaliación continua do traballo do alumno. Antes da data establecida para a presentación e defensa do TFG, o tribunal de avaliación terá o informe de valoración do director sobre o traballo realizado por parte do estudante cunha valoración parcial do mesmo.
|
30 |
É condición indispensable para a defensa do TFG ter feita a matrícula de todas as materias requiridas para finalizar o Plan de Estudios de Grao. A matrícula no TFG outorgará o dereito de dúas convocatorias oficiais encada curso académico, conforme ao establecido no calendario académico aprobado en Xunta deFacultade. No caso de obter a cualificaciónde suspenso, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante e ao director para a mellorado traballo e a súa posterior avaliación. A revisión oureclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo conforme aoprevisto na Normativa de Avaliación, ao igual que calquera outra materia doplan de estudios. |