Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Foreign language 1: French
   Assessment
  Description Qualification
Projects Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos de lingua francesa da materia. Cada proxecto será exposto no portfolio ou blog de aprendizaxe e será avaliado de xeito anónimo por un grupo do alumnado conformado aleatoriamente. A media das notas obtidas en cada proxecto, así como as referentes ao traballo desenvolvido no portfolio e no ambiente virtual de aprendizaxe, constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas, ben como as actividades en liña relacionadas con cada un delas, nos prazos fixados pola clase. 50
Troubleshooting and / or exercises Na data oficial do exame, fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nas datas negociadas na clase, o alumnado deberá realizar outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar as catro probas. 50
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000