Proxectos |
Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos de lingua francesa da materia. Cada proxecto será exposto no portfolio ou blog de aprendizaxe e será avaliado de xeito anónimo por un grupo do alumnado conformado aleatoriamente. A media das notas obtidas en cada proxecto, así como as referentes ao traballo desenvolvido no portfolio e no ambiente virtual de aprendizaxe, constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas, ben como as actividades en liña relacionadas con cada un delas, nos prazos fixados pola clase. |
50 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Na data oficial do exame, fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nas datas negociadas na clase, o alumnado deberá realizar outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar as catro probas. |
50 |
Para a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas.
Ao longo do curso, o alumnado poderá recibir insignias que premiarán aptitudes e actitudes no seu proceso de aprendizaxe. Estas insignias traduciranse en bonificacións extra na cualificación final da materia. |